COA DIRECCIÓN DE CONCHA SABUCEDO LICENCIADA EN XEOGRAFÍA E HISTORIA.
A idea deste proxecto é dar a coñecer as artistas SILENCIADAS durante séculos. Mulleres
artistas, pintoras que EXISTIRON, gozaron de sona e éxito, pero que non
aparecen/aparecían nos libros, nos manuais e polo tanto son, para moitos,
descoñecidas.
Escollín un feixiño, vinte ; hai moitas, moitísimas máis, pero hainas que ir descubrindo.
Este proxecto intenta levantar un pouquiño o tapete que as ten agochadas.
Escollín a aquelas coas que máis disfrutei ou me emocionaron cando investiguei algo
sobre o tema; ben pola súa tenacidade, pola súa azarosa vida, pola súa mala ou boa
sorte…… en todo caso é unha escolla persoal, baseada no meu parecer.
Algunhasteñen vidas moi complicadas, intensas, cheas de conflitos, viven en momentos
da historia convulsos…… outras teñen vidas máis anodinas, cómodas…….PERO todas
elas, xa desaparecidas, tiveron o tesón e a constancia para manter a súa vocación en
situacións moi, moi adversas (case sempre).
Son artistas recoñecidas, pero que foron ignoradas durante anos
A intención é, polo tanto, sacalas dese SILENCIO para que o seus nomes volvan a resoar. INVITAMOSCHE A ESCOITAR ESTE FANTASTICO PROGRAMA TÓDOLOS MARTES A PARTIRES DAS 12:05 HORAS.
