O vindeiro 6 de setembro ás 22:00 h, no salón de actos do @liceodenoia , a Banda de Música de Noia actuará xunto a @simantduo, formado por Rubén Simeó —que regresa á nosa vila un ano despois— e o pianista Antonio Morant, ambos artistas de traxectoria recoñecida e gran calidade artística.
Un espectáculo de música en directo do máis alto nivel e que temos a sorte de poder desfrutar en Noia.
Salón de actos do @liceodenoia
6 de setembro
22:00 h
Agardámoste!
