O día 30 de setembro, presentouse no edificio do Casino o poemario Vergonza allea, escrito por cinco alumnas e dous profesores do IES Virxe do Mar. O libro reúne unha selección de poemas realizados durante o Escapril, unha iniciativa que consiste en escribir un poema cada día do mes de abril, a partir dunha serie de prompts ou ideas guía. Ao acto asistiron tamén alumnos do Colexio Jaime Balmes e do Colexio María Assumpta. no día de hoxe tiveron a ben de visitarnos os estudios de Radio Líder Noia.