Noia organizará a presentación da Asociación Cabalar Serra do Barbanza este domingo
Co afán de impulsar as actividades ecuestres e manter viva a tradición ao redor destes animais na comarca barbanzá, surxiu a idea de crear a Asociación Cabalar Serra do Barbanza, que fará a súa presentación pública o próximo domingo a partir das 11.00 horas no Campo da Feira de Noia, Concello o cal mostroulle o seu apoio para futuras iniciativas conxuntas.
O encontro incluirá interacción cos cabalos para pequenos e maiores, ofrecendo unha xornada de convivencia e posta en valor do patrimonio natural e cultural vinculado ao mundo dos equinos. No día de hoxe recibimos a visita do presidente de esta recien creada asociación. Escoita aquí a entrevista.
