AULA NAS ONDAS VIRXE DO MAR
Alumnos de 3º da ESO do IES VIrxe do Mar charlaban no día de hoxe con Jorge Gallardo, tamén nos acompañou Guillermo Rodriguez vicedirector do citado centro educativo.Escoita aquí esta magnifica tertulia


Alumnos de 3º da ESO do IES VIrxe do Mar charlaban no día de hoxe con Jorge Gallardo, tamén nos acompañou Guillermo Rodriguez vicedirector do citado centro educativo.Escoita aquí esta magnifica tertulia


O Concello de Noia vén de licitar a mellora dos accesos á senda litoral de Obre e o acondicionamento do firme dos Xardíns Felipe de Castro, dúas obras financiadas con fondos europeos Next Generation EU e cun investimento que supera os 187.000 euros.
As actuacións teñen como obxectivo avanzar na mellora da mobilidade peonil e da integración do patrimonio natural e histórico no núcleo urbano.
As melloras en Obre buscan crear unha transición amable entre a trama urbana e a contorna natural protexida, empregando pavimentos de adoquín de pedra granítica en zonas de solo urbano, e acometendo a renovación dos firmes deteriorados.
Pola súa banda, o acondicionamento do firme dos Xardíns Felipe de Castro incluirá a eliminación de obstáculos que dificultan a mobilidade e tamén a posta a punto do mobiliario urbano existente.
O alcalde, Francisco Pérez, subliñou que «son actuacións que reforzan a nosa aposta por unha Noia máis accesible, máis amable e con maior valoración do seu patrimonio».
