LEONORA CARRINGTON
1917-2011

15.- A Gaiola dourada

1.-HOXE, DE QUEN FALAREMOS?
Seguindo un pouco a listaxe que nos propuxemos volvemos a unha muller
contemporánea pero, descoñecida para algúns: Leonora Carrington, unha
inglesa acubillada en México.
Unha pintora/artista multifacética, cunha longa e complexa vida chea de
atrancos,que acabou superando, e deixando unha pegada incuestionable
no panorama artístico internacional .
Nace en Lancashire, e morre en Cidade de México.