LAVINIA FONTANA
1552-1614
16.- A Gaiola dourada
1.-QUEN É A PROTAGONISTA HOXE?
Ímonos uns cantos séculos atrás con respecto ás ultimas artistas tratadas e
volvemos a esa época do tránsito entre o XVI e XVII tan frutífera para as artes.
Imos ata Italia, en concreto a Bolonia, e de novo, temos a unha muller artista
coa produción máis ampla documentada: Lavinia Fontana.
Outra das grandes artistas italianas que viviu o éxito en vida.
Unha dottoressa da pintura.
