A alameda noiesa acollerá o I Mercadiño Solidario de Pascua
NOIA> A idea de realizar este mercadiño solidario partiu dun grupo de mulleres da vila que padecen a enfermidade.
A experiencia dunha iniciativa semellante celebrada en Ames o pasado Nadal, e que resultou todo un éxito, foi unha das razóns que as levou a querer organizala en Noia.
A cita será o vindeiro sábado 28 de marzo na alameda.
Ademais do mercadiño solidario, ese dia haberá todo tipo de actividades paralelas, con xogos para nenos, sorteos de agasallos doados por empresas da zona, unha chocolatada solidaria e tamén actuacións musicais.
A finalidade é recadar a maior cantidade económica posible para destinala a investigación desta doenza.
Dende o concello noiés apoian esta iniciativa e animan tanto a noieses coma visitantes a asistir ese día ó evento, contribuíndo coas súas aportacións a loitar contra o cancro de mama metastásico.
