AGPAS abrirá unha sede en Noia para ofrecer apoio e prevención ante o suicidio
A Asociación Galega de Prevención e Apoio ante o Suicidio (AGPAS) abrirá unha nova sede de atención en Noia co obxectivo de achegar servizos de prevención, acompañamento e orientación ás persoas que o precisen na comarca do Barbanza.
A entidade conta coa colaboración institucional do Concello de Noia, que está traballando para facilitar nunha primeira fase instalacións municipais para desenvolver as actividades de atención e apoio á cidadanía. Hoxe tivemos a ben de entrevistar o seu presidente.Escoita aquí a entrevista
