AULA NAS ONDAS 13 MARIA ASSUMPTA
No programa de hoxe os alumnos de 2º de ESO do colexio María Assumpta elexían a Pirata xogador do Noia Portus Apostoli para entrevistalo, coma sempre moi interesante.Escoita aquí.

No programa de hoxe os alumnos de 2º de ESO do colexio María Assumpta elexían a Pirata xogador do Noia Portus Apostoli para entrevistalo, coma sempre moi interesante.Escoita aquí.

Por mor do III memorial Tono Da Silva hoxe estiveron con nosco Santi Quillo, organizador e o campeón profesional de Noia Silvestre Gómez. Escoita aquí a entrevista

O presidente do Liceo de Noia pasosuse polos estudios de Radio Líder para desglosarnos as últimas asambleas ordinaria e extraordinaria, ademais da axenda cultural e musical para as vindeiras semanas.

O voceiro do grupo municipal do PSdG PSOE de Noia, pasouse no día de hoxe polos estudios de RADIO LIDER NOIA para aclarar o acontecido no pasado pleno municipal onde o BNG votou a favor de varias propostas do grupo de Goberno.Escoita aquí a entrevista.

Despois do pleno ordinario de xaneiro analizamos co alcalde de Noia o resultado do mesmo. Escoita quí a entrevista

Queredes coñecer o berberecho Bartolo??
Non vos perdades a presentación da súa historia este venres ás 20:30 horas no Museo do Mar (2º andar) ![]()
No acto participarán Arturo González o Presidente da OPP, Pepe Pérez o Concelleiro de Cultura e a escritora Elisabet Rey ![]()
Ilustracións de Alba Manzanedo ![]()
Noia é cultura ![]()
#noia#berberecho#bartolo#libro#museodomar


NOIA> O BNG de Noia propón catro proxectos a incluír no POS da Deputación da Coruña para este exercicio. Están relacionadas coa mellora da accesibilidade, a conservación do casco histórico e o saneamento.
O BNG de Noia achegou unha serie de propostas a incluír no POS da Deputación da Coruña. Entre elas, un proxecto para dar continuidade ó saneamento de Ousoño e a Toxeira orzamentado en 40 mil euros ou a mellora da entrada do casco histórico co empedrado da rúa ó carón do Casino, a retirada dos elementos alleos na fachada do IES Virxe do Mar e o acondicionamento dos xardíns Felipe de Castro.
Unha maior accesibilidade e mobilidade son tamén obxectivo dos nacionalistas a través dos proxectos de mellora da estrada da Barquiña e un dos accesos a Balbargos.
Os nacionalistas condicionan o apoio á aprobación da proposta do goberno municipal, que se debaterá a finais de mes, á inclusión destes catro proxectos orzamentados en 180 mil euros para executar con cargo ó POS que ascende a máis de 700 mil.
Hoxe tocou aula nas ondas onde os alumnos de 2º e ESO do IES Campo San Alberto entrevistaron a Caetano Horta recoñecido regatista Noies a nivel mundial.Preciosa entrevista que che convidamos a escoitar.

