VOLVE O “VAI DE TAPAS” A NOIA!
Do 7 ao 9 de novembro, dentro da Festa de Exaltación do Berberecho de Noia, recuperamos unha das citas máis saborosas do ano: o Vai de Tapas, en colaboración con Noia Histórica e a Confraría de Pescadores de Noia.
Este ano o berberecho será o gran protagonista
, e para iso acordouse coa Confraría que o produto se servirá xa depurado e ao prezo de venda en lonxa, garantindo o mellor prezo e a máxima calidade.
Animamos a todos os establecementos hostaleiros de Noia a participar nesta nova edición!
O prezo de venda da tapa será de 2,50 €
Cada local poderá establecer o seu propio horario de servizo
Haberá sorteos para as persoas participantes que degusten as tapas!
Inscricións abertas ata o 25 de outubro!
Para participar, os locais interesados deben cubrir o formulario neste enlace: https://forms.gle/MxXPjyeTTpB5CeTE9
Esta proposta enmárcase dentro do programa #DINAMIZANOIA, impulsado polo Concello de Noia para apoiar e dinamizar o comercio e a hostalaría local.
Participa e forma parte desta edición tan especial, onde o berberecho volverá ser o rei das tapas!, de todo esto e moito mais falounos no día de hoxe o primeiro tenente de alcalde de Noia
