A noiesa Eli Dosil viaxou a Venezuela para participar na posta en marcha dun proxecto humanitario destinado a recuperar servizos básicos para a poboación afectada polo terremoto que golpeou recentemente o estado de La Guaira.

Durante quince días formou parte do equipo encargado de iniciar esta intervención, que comenzou coa instalación de lavanderías comunitarias, un primeiro paso dentro dun proxecto máis amplo orientado a mellorar as condicións de vida das persoas afectadas.

Esta misión constitúeu a primeira intervención internacional da Asociación de Voluntariado Local de Noia, creada recentemente co obxectivo de impulsar iniciativas solidarias tanto no ámbito local como en colaboración con entidades especializadas en cooperación internacional.Para desenvolver este proxecto, a asociación asinou un convenio de colaboración con GBGE, unha organización vasca con ampla experiencia en emerxencias e misións humanitarias internacionais. O acordo permitirá promover actuacións conxuntas sobre o terreo, combinando a capacidade de mobilización dunha entidade local coa experiencia dunha organización con anos de traballo en intervencións humanitarias.