A través da presente a ANPA Alecrín pon no seu coñecemento que no día de
onte foi informada de que para este curso 2024 – 2025 o CIP Cernadas de Castro de
Lousame non terá un especialista en audición e linguaxe. Esta decisión da Xunta de
Galicia afecta a aproximadamente uns 40 alumnos do centro que non disporán de dito
reforzo educativo.
Este recorte ven precedido doutro que se levou a cabo no mes de abril de 2024,
no que a Xunta de Galicia prescindiu dun dos dous coidadores que tiña o centro,
pasando a ter un único coidador para tres alumnos con necesidades especiais e que
precisan de supervisión e coidados ao longo de toda a xornada escolar.
De antemán, grazas pola súa axuda. Reciba un cordial saúdo.
ANPA ALECRÍN (LOUSAME)