AULA NAS ONDAS 15 JAIME BALMES

COA DIRECCIÓN DE CONCHA SABUCEDO LICENCIADA EN XEOGRAFÍA E HISTORIA.
A idea deste proxecto é dar a coñecer as artistas SILENCIADAS durante séculos. Mulleres
artistas, pintoras que EXISTIRON, gozaron de sona e éxito, pero que non
aparecen/aparecían nos libros, nos manuais e polo tanto son, para moitos,
descoñecidas.
Escollín un feixiño, vinte ; hai moitas, moitísimas máis, pero hainas que ir descubrindo.
Este proxecto intenta levantar un pouquiño o tapete que as ten agochadas.
Escollín a aquelas coas que máis disfrutei ou me emocionaron cando investiguei algo
sobre o tema; ben pola súa tenacidade, pola súa azarosa vida, pola súa mala ou boa
sorte…… en todo caso é unha escolla persoal, baseada no meu parecer.
Algunhasteñen vidas moi complicadas, intensas, cheas de conflitos, viven en momentos
da historia convulsos…… outras teñen vidas máis anodinas, cómodas…….PERO todas
elas, xa desaparecidas, tiveron o tesón e a constancia para manter a súa vocación en
situacións moi, moi adversas (case sempre).
Son artistas recoñecidas, pero que foron ignoradas durante anos
A intención é, polo tanto, sacalas dese SILENCIO para que o seus nomes volvan a resoar. INVITAMOSCHE A ESCOITAR ESTE FANTASTICO PROGRAMA TÓDOLOS MARTES A PARTIRES DAS 12:05 HORAS.
A presidenta do club TRABANDAINAS, acompañounos no día de hoxe para comentarnos varios temas importantes que competen con este gran club.Escoita aquí a entrevista.
No programa de hoxe os alumnos de 2º de ESO do colexio María Assumpta elexían a Pirata xogador do Noia Portus Apostoli para entrevistalo, coma sempre moi interesante.Escoita aquí.
Por mor do III memorial Tono Da Silva hoxe estiveron con nosco Santi Quillo, organizador e o campeón profesional de Noia Silvestre Gómez. Escoita aquí a entrevista
O presidente do Liceo de Noia pasosuse polos estudios de Radio Líder para desglosarnos as últimas asambleas ordinaria e extraordinaria, ademais da axenda cultural e musical para as vindeiras semanas.
O voceiro do grupo municipal do PSdG PSOE de Noia, pasouse no día de hoxe polos estudios de RADIO LIDER NOIA para aclarar o acontecido no pasado pleno municipal onde o BNG votou a favor de varias propostas do grupo de Goberno.Escoita aquí a entrevista.
Despois do pleno ordinario de xaneiro analizamos co alcalde de Noia o resultado do mesmo. Escoita quí a entrevista