AULA NAS ONDAS IES CAMPO SAN ALBERTO

Francisco Pérez Caamaño aproveitou o pleno deste mes de febreiro, celebrado o
pasado xoves 26, para facer un balance dos seis meses que leva á fronte do goberno
do Concello de Noia. “A aterraxe nunha institución, cando ademais se produce a
metade de mandato, sempre é complicada”, asegura o alcalde e secretario xeral dos
socialistas de Noia, quen destaca que a unidade do equipo de Goberno que lidera fixo
esta tarefa moito máis doada.
“Traballamos a unha por Noia, e iso nótase nos resultados. Nestes seis meses de
cambio conseguimos darlle a volta ás políticas do Concello e a cidadanía nótao”,
defende o alcalde e secretario xeral do partido en Noia, agradecendo a predisposición
non só dos concelleiros que forman parte do goberno, senón tamén do BNG, con quen
asegura que as relacións son fluídas e frutíferas.
O rexedor fai especial fincapé na situación económico-financeira que se atopou ao
chegar á alcaldía, con facturas pendentes de pago por riba do millón de euros, obras
sen presupostar adecuadamente ou servizos con graves deficiencias, como é o caso
do saneamento. “A herdanza que nos deixou o PP e o NOIA rozaba niveis
catastróficos”, denuncia. “Malia isto, fomos quen de sacar uns orzamentos en
xaneiro, algo que nesta vila non se vía desde fai anos, consignando partidas para
actuacións tan necesarias como a mellora do saneamento en varias parroquias da
vila, a posta ao día de facturas pendentes de pago no servizo de recollida do lixo ou a
mellora dos servizos sociais na vila”.
Escoita aquí a entrevista que está dividida en duas partes

O voceiro dos Independentes de Noia pasouse polos estudos de Radio Líder Noia para poñernos o día e facer balance de estes primeiros seis meses do goberno municipal. Escoita aquí a entrevista.

O voceiro do grupo municipal do PP explicabanos os motivos polos que o seu partido votaba en contra dos orzamentos que se presentaron a pleno, ademais tamén facianos un balance dos seis meses do goberno bibartito do Concello de Noia. Escoita aquí a entrevista

Este luns firmouse o pacto para aprobar os orzamentos de este ano no Concello de Noia, o voceiro do BNG tivo a ben acompañarnos para explicarnos os motivos polos que o seu voto será favorable. Queres sabelos?. Escoita aquí a entrevista.

LAVINIA FONTANA
1552-1614
16.- A Gaiola dourada
1.-QUEN É A PROTAGONISTA HOXE?
Ímonos uns cantos séculos atrás con respecto ás ultimas artistas tratadas e
volvemos a esa época do tránsito entre o XVI e XVII tan frutífera para as artes.
Imos ata Italia, en concreto a Bolonia, e de novo, temos a unha muller artista
coa produción máis ampla documentada: Lavinia Fontana.
Outra das grandes artistas italianas que viviu o éxito en vida.
Unha dottoressa da pintura.

No día de hoxe falamos co voceiro do BNG de Pto do Son para poñernos o día da politica municipal ademais nos explicaba os motivos de votar en contra dos orzamentos aprobados fai uns días. Escoita aquí a entrevista.

Neste último día do programa ENTRERIAS do 2025 tivemos a ben de recibir ao alcalde de Noia Fran Pérez
