O alcalde de Noia someterase a unha cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos
Santiago Freire, que preside un goberno en minoría tras o pase de Alamancos ao grupo non adscrito, convocou o pleno para o martes 15 de outubro
Dúas semanas despois de que o ata ese momento concelleiro do PP de Noia Luis Alamancos tumbase co seu voto en contra a aprobación definitiva dos orzamentos municipais de 2024 e se pasara ao grupo de edís non adscritos, deixando ao bipartito en minoría, o alcalde, Santiago Freire, convocou unha cuestión de confianza vinculada á aprobación de dito documento.
O rexedor reta así á Corporación a sacar adiante os orzamentos, alegando a necesidade de «facer fronte ás obrigas económicas derivadas do mesmo no que respecta a pagos en materia de persoal, proveedores, gasto corrente e demais investimentos», ou a plantexar como alternativa unha moción de censura.