NOIA> O BNG de Noia propón catro proxectos a incluír no POS da Deputación da Coruña para este exercicio. Están relacionadas coa mellora da accesibilidade, a conservación do casco histórico e o saneamento.
O BNG de Noia achegou unha serie de propostas a incluír no POS da Deputación da Coruña. Entre elas, un proxecto para dar continuidade ó saneamento de Ousoño e a Toxeira orzamentado en 40 mil euros ou a mellora da entrada do casco histórico co empedrado da rúa ó carón do Casino, a retirada dos elementos alleos na fachada do IES Virxe do Mar e o acondicionamento dos xardíns Felipe de Castro.
Unha maior accesibilidade e mobilidade son tamén obxectivo dos nacionalistas a través dos proxectos de mellora da estrada da Barquiña e un dos accesos a Balbargos.
Os nacionalistas condicionan o apoio á aprobación da proposta do goberno municipal, que se debaterá a finais de mes, á inclusión destes catro proxectos orzamentados en 180 mil euros para executar con cargo ó POS que ascende a máis de 700 mil.