NOIA> O BNG de Noia propón catro proxectos a incluír no POS da Deputación da Coruña para este exercicio. Están relacionadas coa mellora da accesibilidade, a conservación do casco histórico e o saneamento.
O BNG de Noia achegou unha serie de propostas a incluír no POS da Deputación da Coruña. Entre elas, un proxecto para dar continuidade ó saneamento de Ousoño e a Toxeira orzamentado en 40 mil euros ou a mellora da entrada do casco histórico co empedrado da rúa ó carón do Casino, a retirada dos elementos alleos na fachada do IES Virxe do Mar e o acondicionamento dos xardíns Felipe de Castro.
Unha maior accesibilidade e mobilidade son tamén obxectivo dos nacionalistas a través dos proxectos de mellora da estrada da Barquiña e un dos accesos a Balbargos.
Os nacionalistas condicionan o apoio á aprobación da proposta do goberno municipal, que se debaterá a finais de mes, á inclusión destes catro proxectos orzamentados en 180 mil euros para executar con cargo ó POS que ascende a máis de 700 mil.
Hoxe tocou aula nas ondas onde os alumnos de 2º e ESO do IES Campo San Alberto entrevistaron a Caetano Horta recoñecido regatista Noies a nivel mundial.Preciosa entrevista que che convidamos a escoitar.
O noso compañeiro Alvaro Veiga, director de Radio Líder Santiago entrevistaba no día de hoxe o presidente da ARD ria de Muros Noia pola representación e novedades que abarcaran na próxima semana coa celebración de FITUR en Madrid. Escoita aquí a entrevista.
Esta semana convidei a varios voceiros de distintas formacions politicas, e o propio alcalde para analizar a situación politica do concello de Noia neste pasado ano 2024. empezamos por Manolo Seijas, seguido de Fran Pérez, Santiago Freire e Ricardo Suarez,pasadeo ben e FELIZ 2025.